Escoitar

O avance do PXOM está dispoñible na rede

mércores, 11 set 2002
imx1749.jpg
Portada da páxina
Presentouse a sección da web destinada a Urbanismo que contén o documento do avance do PXOM, permite a consulta de expedientes e a descarga de impresos. ”Coa incorporación de novos elementos, cada cidadán terá na súa casa unha ventana da Xerencia Municipal de Urbanismo”, explicou o xerente Javier Rivas.

Este apartado pretende mellorar os procedementos e metodoloxía para a garantirlles aos cidadáns a transparencia na xestión urbanística e axilizar os trámites de expedientes.

Na sección do avance do PXOM hai impresos que permiten a súa descarga para a presentación de suxestións e propostas. Unha vez cumprimentado este impreso, débese entregar por duplicado na oficina de Rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo.

Está dispoñible tamén un servicio para consultar o estado no que se atopan os expedientes urbanísticos que os cidadáns teñan abertos no Concello. Os interesados deberán solicitar un contrasinal de acceso aos seus datos particulares.

Outra sección ofrece a posibilidade de descargar impresos de licencias de obras, aperturas e planeamento, o que permite que o cidadán poida cumprimentalos e logo entregalos no edificio da Xerencia de Urbanismo.

Aparece tamén a normativa actual vixente recollida no PXOU coas normas urbanísticas e as modificacións realizadas. Os plans que se vaian incorporando no futuro terán aquí o seu espacio.

Noutra sección están as disposicións e normas concretas, aprobadas polas comisións e o pleno municipal, que lles afecten á planificación urbanística da cidade.

A última sección destínase a facilitar información sobre as competencias da Xerencia Municipal de Urbanismo que son, entre outras, a elaboración de plans en proxectos de ordenación urbana, a programación da actuación urbanística, as expropiacións, a información e aprobación dos expedientes tramitados polos cidadáns, a execución de programas urbanísticos e a xestión do patrimonio municipal do solo, entre outras.

Dispón tamén das ordes do día e actas dos consellos municipais da Xerencia de Urbanismo para que os interesados poidan consultalas.

MÁIS INFORMACIÓN
Descargar todas as imaxes