Escoitar

O alcalde revela unha nova sentenza xudicial que avala os estudos económicos do Plan Xeral

Abel Caballero deu conta este mércores de catro novas resolucións xudiciais favorables ao Concello relativas ao Plan Xeral de Ordenación Municipal. Os tribunais avalan a legalidade do proceso de incremento da vivenda protexida e os estudos económicos que respaldan a viabilidade do PXOM.

mércores, 8 ago 2012
1344430408alcalde2.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este mércores de catro novas sentenzas xudiciais sobre o PXOM favorables aos intereses do Concello, entre estas unha que, por primeira vez, avala os estudos económicos que apoian a viabilidade do Plan Xeral.

A resolución de maior trascendencia desestima un recurso -presentado por cidadáns e algúns promotores- pedindo a anulación total do Plan, en base ao incremento da vivenda protexida reservada sen nova exposición pública e á invalidez dos estudos económicos do PXOM. A sentenza do tribunal respalda a legalidade dos procedementos para incrementar a vivenda de protección e os estudos económicos. "Esta sentenza ratifica a viabilidade do Plan", asegurou Caballero.

Unha segunda sentenza pedia -e foi rexeitada- a anulación da calificación urbanística do entorno de Rosalía de Castro, urbana consolidable e equipamento público para o estacionamento soterrado. A terceira, tamén favorable ao Concello, ratifica a calificación do solo en Liñeiriños e a última desestima un recurso parcial a unha finca particular.

Despois de dar a coñecer as novas resolucións dos tribunais dictaminadas sobre o PXOM, Abel Caballero aseverou que "hoxe, cinconta sentenzas nos avalan", e reclamou responsabilidades a aqueles que auguraban que o documento sería invalidado polos xulgados.
Descargar todas as imaxes