O Concello obriga a aplazar ata setembro as obras que se están a acometer na estrada de Camposancos
O alcalde de Vigo anunciou hoxe mércores a orde de paralizar as obras que está a acometer a Gas Galicia na estrada de Camposancos de "xeito improcedente e en época equivocada". O Concello esixe a empresa que restableza a normalidade do tráfico esta mesma mañá e que retome as obras en setembro e nas horas que determinen os técnicos municipais.
O Concello de Vigo deu orde hoxe mércores de paralizar inmediatamente e restaurar a normalidade do tráfico na estrada de Camposancos esta mesma mañá, unha vez que Gas Galicia iniciou no día de onte unhas obras de "xeito improcedente e en época equivocada". Así o explicou Abel Caballero que matizou que non houbo aviso previo ao Concello para que se poderan tomar medidas que evitaran problemas de tráfico. Explicou que a compañía ten licenza municipal desde o mes de maio e que iniciou as obras nun momento pouco apropiado. Na súa comparecencia cos medios de comunicación, avanzou que a situación quedará resolta este mesmo mediodía a advertiu de que as obras continuarán en setembro, nos horarios que determine o Concello.