Deportes patrocina o Gran Premio Internacional de judo ”Cidade de Vigo”
O concelleiro de Deportes, Santiago Domínguez, e o presidente da Federación Galega de Judo, Mario Muzas, presentaron o VII Trofeo de Judo ”Cidade de Vigo” que se celebrará o 13 de outubro no pavillón central das Travesas.
Coa transformación en Gran Premio Internacional preténdese continuar na liña de progresión e consolidar este torneo como referente do judo nacional e internacional, tanto pola calidade deportiva e organizativa como pola novidade do seu sistema de competición e polo atractivo dos seus premios.
Como novidades desta edición destácase que, por vez primeira, haberá premios en metálico para os tres primeiros clasificados: só se pode participar por invitación persoal xa que se intenta reunir os oito mellores judokas en cada categoría e haberá un regulamento especial que fará o torneo máis dinámico e espectacular.
En Vigo aumentou de forma considerable o número de licencias outorgadas pola Federación Galega de Judo e xa superan as 1.000. Santiago Domínguez destacou que é un orgullo para a cidade ter a posibilidade de asistir a este evento que servirá para que máis nenos se acheguen a este deporte e para que Vigo siga a servir de referente trala organización do Campionato de España Absoluto en xaneiro de 2001.
Descargar todas as imaxes