Constituídas as comisións de traballo do Plan Local de Drogas
As entidades do Plan Local de Drogas reuníronse hoxe, trala aprobación plenaria do mesmo, para constituír as comisións de traballo e pór en marcha os programas de prevención, asistencia e incorporación social. A reunión, presidida pola concelleira de Benestar Social, Belén Sío, acordou promove-la creación de protocolos de colaboración e boas prácticas entre as entidades colaboradoras, e realizar un estudio epidemiolóxico no ámbito de Vigo entre a poboación de 14 a 21 anos, que permita definir a incidencia do consumo de drogas no poboación xuvenil.
Na xuntanza acordouse tamén a promoción de campañas informativas dirixidas a bares, cafeterías, centros sociais e culturais cara o cumprimento da Lei de Galicia sobre Drogas.
O Plan Local sobre Drogodependencias e outras Adiccións é un xeito de traballar conxuntamente, e ordena-las intervencións que se están a desenvolver no ámbito da saúde e da súa promoción, así como de aborda-los problemas en conxunto. Busca dar unha resposta conxunta, uniforme e complementaria ás demandas que a sociedade ten sobre as problemáticas relacionadas coas drogas e outras conductas aditivas.
O PlsDA é mais que a suma das entidades que o compoñen, pero non é posible sen estas, recollendo as cualidades de cada unha, pero deixando de lado as individualidades no proxecto común: é unha guía de tódalas accións no ámbito das drogodependencias e outras adiccións para os vindeiros tres anos na cidade de Vigo.
Dossier de Prensa do Plan Local
Obxectivos comúns e accións concretas do PlsDA:
Promover convenios con Administracións, entidades e institucións, cara ó financiamento, artellamento de recursos técnicos e persoais do Plan, etc...No 2003 asinaranse os primeiros convenios.
Promove-la creación dun protocolo de colaboración entre as entidades do Plan para o desenvolvemento conxunto de programas. Neste ano estase a face-la realización e deseño dos mesmos para aplicarse no 2003 e xeneraliza-lo seu uso no 2004.
Promove-lo desenvolvemento dun protocolo de boas prácticas para entidades do PlsDA. Está en marcha a elaboración do protocolo.
Desenvolvemento dunha campaña de promoción do Plan nos primeiros meses de posta en marcha. No presente ano deseñaras e desenvolverase a campaña.
Promove-la realización dun estudio epidemiolóxico no ámbito de Vigo entre a poboación de 14 a 21 anos, que permita defini-la incidencia do consumo de drogas na poboación xuvenil. No 2002 farase a proposta de estudio e no 2003 realizarase.
Promoción de campañas de tipo informativo, dirixidas a bares, cafeterías e similares, de centros sociais, culturais, etc, cara ó cumprimento da Lei de Galicia sobre Drogas. Este ano deseñarase a campaña e se buscará financiamento, para a súa posta en marcha no 2003.
Ademais destes obxectivos comúns, hai outros máis específicos para cada área de traballo do Plan:
Área de Prevención:
Artellar sistemas fiables de coñecemento da realidade cara á súa aplicación na prevención e promoción da saúde.
Promover e artellar accións de sensibilización, información e cambio de actitudes, dirixidas á poboación en xeral e a grupos de colectivos en particular no ámbito da promoción da saúde.
Promover e desenvolver dende as entidades do PlsDA, unha formación centrada particularmente na capacitación de mediadores.
Promover e procura-la implicación da comunidade nas accións de prevención e promoción que se desenvolvan dende o PlsDA.
Artellar medidas e programas dirixidos particularmente a colectivos que polas súas características precisen dunha atención particular.
Promover que as accións desenvolvidas polo PlsDA, sexan acordes coas directrices marcadas pola comunidade científica para ese ámbito.
Área de Asistencia:
Consegui-la representación na área de asistencia do PlsDA do 100% dos recursos específicos de asistencia de drogodependencias e outras adiccións, e dos recursos xerais de carácter sanitario e social implicados na asistencia de paciente con conductas aditivas.
Elaborar periodicamente unha guía de recursos asistenciais, como instrumento de difusión da oferta terapéutica, dirixido a mellora-lo coñecemento social sobre os recursos dispoñibles.
Consensuar, mediante a participación de tódolos axentes implicados, o desenrolo de protocolos de colaboración e accións estratéxicas para acada-los obxectivos do PlsDA en materia asistencial a nivel local.
Promove-las accións necesarias para consegui-lo diagnóstico precoz das drogodependencias e outras adiccións, a plena accesibilidade ós recursos asistenciais de carácter sanitario e social, mediante estratexias de captación activa e coa participación coordinada de tódolos recursos que integran os tres niveis do circuíto terapéutico.
Promove-lo desenrolo de programas dirixidos a colectivos especiais, minorías étnicas, menores e fillos de adictos.
Promove-lo mantemento dunha oferta asistencial diversificada, estable e de calidade para a atención de persoas con problemas de drogodependencias e outras adiccións.
Desenvolver estratexias que permitan mellora-la oferta asistencial para as persoas con problemas relacionados co consumo de alcohol, tabaco, novas drogas e patróns de uso, e adiccións sen substancia.
Promove-lo desenrolo de programas de reducción do dano, de intervención en rúa, e de emerxencia para drogodependentes, con obxecto de dar resposta ás necesidades máis básicas destas persoas mentres non acceden ós recursos asistenciais normalizados.
Promover unha maior participación do entramado social local no desenrolo de ofertas asistenciais de carácter ocupacional, formativo, laboral ou de calquera outro tipo que favorezan a integración social das persoas con problemas de adiccións e do seu entorno familiar.
Establecer mecanismos de avaliación continuada da oferta asistencial a nivel local, mediante o uso de indicadores e instrumentos obxectivos.
Área de Incorporación Social:
Favorece-lo cumprimento de obxectivos tanto da Estratexia Nacional, como do Plan de Galicia sobre Drogas en materia de Integración e Incorporación Social.
Promove-la recuperación integral da persoa, tanto na súa dimensión física, como psíquica e social, procurando a súa Autonomía de vida. No seu defecto, nalgunha das dimensións anteriores, mellora-la súa calidade de vida.
Potenciar accións nas familias, encamiñadas a crear un clima saudable no fogar. No seu defecto, mellora-la calidade das relacións ou posibilita-la convivencia.
Estimula-la creación de programas dentro da comunidade ( Formativo-laborais, de tempo libre, de apoio xurídico) que faciliten o proceso de socialización e incorporación social de drogodependentes, priorizando as actuacións dos sectores máis desprotexidos.
Impulsa-los programas orientados a mellora-la percepción social das conductas aditivas e dos centros que traballan con elas, facendo fincapé na abordaxe que se fai dende os medios de comunicación.
Potencia-los recursos de integración e incorporación social, tratando de adapta-las instalacións, o persoal e os medios ás actividades que se realizan nos mesmos.
Promove-la creación dunha rede local de apoio asistencial, de emerxencia social, que permitan un traballo terapéutico digno.
Entidades que participan no PlsDA:
-Asociación ABSTEMIA Vigo. Asociación de Lucha contra las Adicciones
-Asociación Gallega de Jugadores Anónimos “AGAJA”
-Asociación Ciudadana de Lucha contra la Droga en Vigo “ALBORADA”
-Asociación Alcohólicos Rehabilitados de Vigo “A.R.V.I.”
-Asociación Solidária de Apoio DIRecto a persoas vivindo co VIH/SIDA “A.S.A.DIR”
-“ASVIDAL” Unidad Asistencial de Alcoholismo
-CÁRITAS Diocesana de Tui-Vigo
-Unidade Asistencial de Drogodependencias “CEDRO”
-“ÉRGUETE” Asociación de Axuda ós Toxicómanos
-Madres en Defensa de los Jóvenes Drogodependientes “MADRO”
-Asociación MÉDICOS DEL MUNDO- Representación Vigo
Plan Comunitario CASCO VELLO
-Plan Comunitario de TEIS
-PROXECTO HOME Galicia
-”El IMAN” grupo de apoio enfermos de Sida
Estas entidades se reúnen, no día de hoxe, despois da aprobación en pleno do PlsDA o 29 de xuño deste ano e o reinicio do traballo da Oficina Técnica do mesmo, co obxecto de que cada unha delas designe ós membros que van formar parte dos distintos grupos de traballo: Órgano Colexiado de Participación, Comisións de Traballo, Comité Organizador das Xornadas.
Comprometeranse tamén a acada-los obxectivos comúns e en Prevención, Asistencia e Incorporación no correspondente ó presente ano .
A Comisión Permanente, formada polo director técnico do Plan e os coordinadores de cada unha das áreas- comisións de traballo, presentarán un informe anual e de programación para cada ano.
Falarase da busca de integración das accións, ideas de programas de formación e designarase unha persoa para representa-lo Plan no Consello de Saúde da Concellería de Sanidade deste Concello.
Descargar todas as imaxes