Escoitar

Aberto o prazo de inscrición para os cursos sobre saúde e calidade de vida da Concellería da Muller

xoves, 3 out 2002
imx1818.jpg
A Concellería da Muller, continuando coa programación para o ano 2002 dos cursos sobre “Saúde e calidade de vida: autocoñecemento e crecemento persoal”, abre o prazo de inscrición para o curso que impartirá a Escola de Mulleres Simone de Beauvoir sobre “Os ciclos da vida: a menopausia e o proxecto persoal”.

Este curso está dirixido a mulleres que desexen saber máis sobre elas mesmas interesadas na percepción e vivencia corporal. Impartirase o 19 e 20 de outubro en Vigo. O prazo de inscrición vai dende o 7 ao 16 de outubro, ambos incluídos.

O curso “As relacións coa nai: xenealoxía feminina” está dirixido a mulleres que desexen saber máis sobre elas mesmas e impartirase o 26 e 27 de outubro en Vigo. O prazo de inscrición é dende o 7 de outubro ao 23 de outubro, ambos incluídos.

Os cursos terán unha duración de 12 horas e daranse o sábado de 10:00 a 20:00 horas e o domingo de 10:00 a 14:00 horas para mulleres maiores de 18 anos, empadroadas no municipio de Vigo e que non realizasen con anterioridade o devandito curso.

As interesadas poden inscribirse na oficina da muller, 1ª planta do Concello de Vigo, en horario de 8:00 a 14:00 horas. Teléfono 986-810284.
Descargar todas as imaxes