Escoitar

O alcalde inaugura unha nova rúa e unha praza pública en Hispanidade

mércores, 25 set 2002
imx1795.jpg
Apertura do vial
O alcalde, Lois Castrillo, inaugurou a urbanización do Peri Hispanidade. Dende hoxe Vigo conta cun novo vial que comunica Hispanidade coa rúa Ourense e unha praza de uso público de 1.400 m2. Asemade, o Concello conseguiu a cesión dunha superficie de 4.700 m2 que de inmediato porá a disposición da Consellería de Educación para que amplíe as instalacións do colexio público Doutor Fleming.

O vial entre a rúa Ourense e a Vía Hispanidade, de 16 metros de ancho, terá sentido único ascendente para ofrecerlle aos vehículos que circulan polo camiño do Regueiro e a rúa Ourense unha alternativa a Romil. Nunha das beiras permitirase o aparcamento en batería e na outra en liña.

O alcalde explicou que a cesión de 4.700 m2 á Consellería de Educación para que amplíe o CEP Doutor Fleming permitirá dotar de novos servicios un centro cunha gran demanda de alumnado que precisa de espacio para mellorar a súa oferta educativa.
Descargar todas as imaxes