O Concello amplía a mediana de Manuel de Castro
O departamento municipal de Parques e Xardíns comezará mañá a realizar traballos de mellora na mediana da rúa Manuel de Castro que inclúen a súa ampliación en medio metro. As tarefas consistirán na ampliación da mediana 25cm. por cada lado, no seu axardinamento, na plantación doutras árbores e a instalación dun novo alumeado público. O obxectivo é o de mellorar esteticamente unha rúa significativa da cidade, un dos principais accesos ao campo de fútbol de Balaídos, e solucionar os problemas derivados da presencia dunhas árbores pouco axeitadas para un vial destas características.
As obras de mellora da mediana requiriron da tala das árbores existentes. Os chopos que xalonaban a mediana provocaban serios problemas de seguridade polo seu gran porte. Algúns deles corrían o risco de caer por ter as raíces apodrecidas. Outros estaban levantando o pavimento da calzada coas súas raices e asemade deterioraban as conduccións soterradas de auga e de electricidade causando avarías con frecuencia.
Os chopos serán substituídos por outras especies frondosas máis axeitadas para este tipo de viais urbanos. Entre as árbores colocaranse diversos tipos de arbustos.
A rede de alumeado público, danada polas vellas árbores, será renovada na súa totalidade. Tamén se colocarán novos soportes e luminarias semellantes aos que recentemente se instalaron na avenida de Fragoso.