Reinícianse as conferencias do ciclo ”En clave feminina” da Concellería da Muller
O ciclo de conferencias ”En clave feminina. Os martes con...” volve á aula sociocultural de Caixa Galicia o 24 de setembro co obxectivo de ofrecer un espacio e tempo para adicalo á ”voz das mulleres”. Nesta primeira cita, a presidenta da Asociación de Mariscadoras de Moaña, Alicia Rodríguez, explicará como se formou este colectivo e os logros acadados na defensa do posto de traballo no mar e na terra.
Na primeira etapa das charlas falaron Antía Cal, Fatma Mohamed-Salem, Mª Deben Alonso, Lidia Senra, Irene Manzano, Camiño Noia, Chus Lago, Carmen Clavería, Mª Xose Porteiro, Luisa Abad, Marita Ocampo, Beatriz Suarez Briones mulleres dos diversos eidos da sociedade.
Trala parada do verán, este martes 24 de setembro reiníciase o ciclo coa charla de Alicia Rodríguez (mariscadora de Moaña). Neste momento trabállase na programación das seguintes charlas e está fixada xa a do martes 1 de outubro que a dará a xinecóloga Isabel Pardiñas Costas para falar sobre a menopausia.