Ciclo de conferencias en homenaxe a Cuco Ceredo
”España e o mundo, 25 anos despois” e ó titulo do ciclo de conferencias que organiza a concellería de Cultura dentro dos actos de homenaxe do vintecinco aniversario da morte do xornalista vigués Francisco Cerecedo. As conferencias terán lugar o próximo mércores e xoves e estarán a cargo do xornalista Miguel Angel Aguilar e do deputado palestino, Hani Faydi.
As charlas terán lugar ás 20 horas na sala de conferencias da Aula Sociocultural de Caixa Galicia. O mércores 25, Miguel Angel Aguilar, xornalista e secretario xeral da Asociación de Periodistas Europeos, falará sobre ” XXV anos de febre: da España apaixonada á España atónita”.Miguel Ángel Aguilar formou parte da maioría das redaccións dos xornais e revistas que apostaron pola democracia en España nos anos sesenta e setenta. Na actualidade é unha testemuña de excepcional lucidez e fino sentido do humor da evolución da España democrática.
O xoves, 26, Hani Faydi, deputado a Autoridade Palestina, pronunciará unha conferencia sobre ” Palestina: o xenocidio indiferente”. Faydi, representante en numerosas conferencias internacionais, viviu moi de preto, como protagonista, as décadas de loita armada e as de pacificación e intento de regularización da vida da comunidade palestina no seu propio espacio vital aínda sen recoñecer.
As actividades de homenaxe e Francisco Cerecedo inclúen ademais da conferencias unha exposición de fotografía que permanecerá aberta ata o 29 de setembro na Sala de Exposición da Casa Galega da Cultura. A exposición foi visitada ata o momento por dúas mil persoas e nela reúnese unha escolma de 29 fotos realizadas por Cerecedo dos conflictos internacionais máis salientables nos anos 70. O espectador viaxará ás crises de Biafra, do Líbano, do Iemen do Sur, recoñecerá a un Yasser Arafat en plena xuventude ou se decatará que conflictos como o dos kurdos e da loitas árabe israelís, hoxe en día de actualidade, veñen de moi antigo.
Francisco Cerecedo
Francisco González Cerecedo,naceu en Vigo en 1940, cidade na que estudiou bacharelato. Estudia Dereito na Universidade de Salamanca e, de seguido, periodismo na Escola Oficial de Periodismo de Madrid. Inicia a súa andaina profesional como periodista en Vigo, na redacción de “Pueblo Gallego”, diario desaparecido en 1979. Cultiva a crónica, o artigo, a entrevista e a reportaxe. Destacan, desta época, a súa entrevista con Eduardo Blanco Amor, e as series de reportaxes sobre Ancares e o mosteiro de Oseira.
En 1965 comeza o seu traballo coa revista “Blanco y negro”, pero vai ser no diario “Madrid”, no remate da década dos sesenta, cando acada o maior compromiso profesional, social e político. Cando emprende a súa etapa de reporteiro que se move polo terceiro mundo alí onde unha crise, unha revolución, unha guerra manifestan a febleza do orde mundial. Dende Eritrea, Arxelia, Líbano, Iemen do Sur, dende o Sahara Occidental ou América Latina, Cerecedo envía ás redaccións, primeiro do “Madrid” e logo do “Cambio 16” as súas entrevistas, crónicas e reportaxes, moitas delas con rango de exclusivas mundiais que logo serán reproducidas ou cando menos citadas, nos máis importantes periódicos europeos.
Nos anos setenta, Francisco Cerecedo convertese nun modelo de periodista para unha xeración que decide asumi-la responsabilidade de ser testemuña e cronista dun tempo de cambio tanto no panorama nacional español, como nos numerosos frontes de conflicto que agroman por África, Oriente Medio e América. Cerecedo alterna as súas crónicas políticas, disfrazadas de artigos deportivos ou taurinos, escritos ó mesmo tempo cun estilo elegante e unha ironía lacerante, coas reportaxes de ámbito internacional sobre o conflicto palestino ou a loita do Polisario contra Marrocos.
O tres de setembro de 1977, cando acompañaba ó líder socialista Felipe González nunha viaxe por Colombia, Francisco Cerecedo falece dun derrame cerebral. Tiña 37 anos. A súa morte conmociono tódalas redaccións de periódicos, revistas e emisoras de radio e televisión en España. Practicamente tódalas grandes figuras do periodismo español contemporáneo séntense en débeda con este vigués que transgrediu fronteiras e valados na procura da liberdade de expresión.
A súa figura quedou perpetuada coa institución, en 1984, do premio de xornalismo Francisco Cerecedo.
Descargar todas as imaxes