Escoitar

O alcalde anuncia a adxudicación de 2,7 millóns de euros para xeración de emprego

"Vigo é a única cidade que conta cun plan de emprego, nun momento no que as administracións con competencias están dando pasos atrás". Con estas verbas se referiu o alcalde de Vigo aos 2,7 millóns de euros que a Mesa Local de Emprego adxudicou esta mañá para que entidades sociais, comerciais, veciñais e educativas desenvolvan planes de emprego.

luns, 2 xul 2012
1341231070emprego.jpg
A Mesa Local de Emprego, presidida polo alcalde, deu luz verde hoxe luns a adxudicación de 2,7 millóns de euros para plans de inserción laboral. Recoñeceu a aportación do BNG, dixo, á creación dun "gran" programa xerador de emprego, que convirte a Vigo na única cidade que conta cun plan de emprego, nun momento no que as administracións con competencias están dando pasos atrás", como a Xunta de Galicia, exemplificou. Logo de explicar que o obxectivo é que este plan teña continuidade nos próximos anos, avanzou a posta en marcha dunha comisión de seguimento que estará presidida polo concelleiro de Emprego, Santos Héctor, un representante de cada grupo político e sindical. Tal e como explicou, con celeridade, teñense que poñer as bases de como se vai contratar e a partir de aí, a Concellería responsable ten que desenvolver os convenios tipo.

Na súa comparencia cos medios, Caballero agradeceu ao BNG e aos sindicatos a súa vontade de cooperación e subliñou a intención de executar todo o plan de emprego no ano en curso. Destacou que o investimento total do Concello para fomentar a inserción laboral é de seis millóns de euros, aos que hai que sumar os programas keynesianos que ven desenvolvendo o Goberno local.

O Plan de Emprego Municipal aprobado esta mañá recolle, no capítulo 2, un millón de euros destiñados a Vigo Histórico (comercios e mercados), Faemevi, Érguete, Coidadores de Barrio, Convention Bureau (apoio a hostelería), Rede de Mulleres Maltratadas. Dentro do capítulo 4, deuse luz verde a adxudicación de 1.750.0000 euros, distribuidos entre: entidades sociais, montes comunais, Favec, asociacións veciñais, Universidade, sidicatos e pequenas empresas.
Descargar todas as imaxes