Escoitar

Caixanova foi seleccionada como entidade xestora da recadación do Concello

luns, 23 abr 2001
A mesa de contratación acordou seleccionar a Caixanova como entidade xestora da recadación do Concello de Vigo, que terá que emitir arredor de 430.000 recibos e notas informativas, co que o ente municipal aforrará sobre 20 millóns de pesetas ó ano.

Caixanova comprométese a prestar os servicios de edición de avisos de pago dos recibos non domiciliados e notas informativas dos domiciliados, e posterior distribución ós domicilios correspondentes asumindo a entidade os custos de distribución e edición. Ademais, realizará a remisión da información referente a cobros de ingresos exacionados na modalidade de autoliquidación segundo un formato indicado e maila emisión de recibos devoltos en toda a rede de oficinas.

As tres restantes entidades financeiras seleccionadas para suscribir o contrato marco (Caixa Galicia, La Caixa e BBVA) prestarán servicios en calidade de entidades xestoras, da recadación municipal obtida por elas mesmas.