Aprobada a urbanización de Pinal de Adentro na zona da Florida
O Concello aprobou o proxecto de urbanización da rúa Pinal de Adentro, que permitirá acondicionar os douscentos metros desta rúa situada na zona da Florida. Cos 74.164 euros que custará a obra construiranse as canalizacións de servicios (electricidade, gas…), instalarase unha rede separativa de saneamento e construiranse beirarrúas en ámbalas marxes. O prazo de execución dos traballos é de seis meses.
Senda peonal no Campus
O Consello da Xerencia de Urbanismo deu tamén o seu visto e prace á construcción dunha senda peonal que percorrerá o parque forestal da Cidade Universitaria. Esa senda cruzará toda a área do campus que está a ser reforestada con vexetación autóctona. Disporá de zonas de descanso con bancos, de sinalización e de paneis informativos. A senda contará cun camiño de terra ao seu carón que servirá para o acceso dos vehículos de servicio. De forma simultánea á construcción deste camiño se vai instalar unha rede soterrada de rego por goteo.