Escoitar

Reinicio da programación dos cursos formativos da Concellería da Muller

xoves, 12 set 2002
A concellería da Muller reinicia, despois dos meses de verán, os cursos formativos sobre ”Saúde e calidade de vida: autocoñecemento e crecemento persoal”. Ata o 25 de setembro está aberto o prazo de inscrición para o curso ”O pracer de ser corpo” que impartirá a Escola de Mulleres Simone de Beauvoir” e que se realizará os días 28 e 29 de setembro.

O contido do curso ”O pracer de ser corpo” refírese á percepción e vivencia corporal e a valoración sobre a propia sexualidade. Está dirixido a mulleres maiores de 18 anos, empadroadas en Vigo e que non realizasen con anterioridade o devandito curso. A duración é de 12 horas en horario de 10 a 14h e de 16 a 20 horas o sábado 28 e de 10 a 14 horas o domingo 29.

As mulleres interesadas xa poden inscribirse na oficina da Muller situada no primeiro andar do Concello de Vigo, en horario de 8 a 14 horas (teléfono 986-81.02.84)

A coordinadora do programa é Rosa Millán García, formadora especializada na Escola Experimental para as muller ”Simone de Beauvoir” e técnica de actividades culturais. Millán impartirá este curso con María Iglesias Pérez, psicóloga, sicoanalista e terapeuta de grupos de encontro.