O programa das festas do Cristo ábrese esta fin de semana con teatro e cine ó aire libre
Dúas representacións dentro do ciclo “III Verán de Teatro” e unha proxección do ciclo de cine ó aire libre servirán esta fin de semana para dar o pistoletazo de saída á programación de Festas do Cristo do presente ano, que organiza a Concellería de Festas e Animación Sociocultural.
O ciclo III Verán de Teatro estará composto nesta ocasión por seis representacións a cargo de grupos como La Tartana (Madrid), Teatro Arca (Barcelona) ou Volta de Dalle (Santiago).
Agás a primeira representación, a do sábado, que se celebrará na zona da Estación Marítima, as restantes terán lugar na Praza da Estrela, ás 11 da noite.
Polo que respecta o ciclo de cine o aire libre, comezará o domingo cunha proxección da longametraxe Khandajhar. En total o ciclo, que se organiza baixo o lema “Os outros”, inclúe cinco películas de países como Afganistán, Uruguai, Irán ou Noruega.
(A información da ficha técnica de cada actividade atópase na sección da Axenda Municipal)