O ”Gran Premio Concello de Vigo” puntuará no Campionato de España de Rallye
A Concellería de Deportes patrocina o 38º Rallye Rías Baixas ”Gran Premio Concello de Vigo” do Campionato de España que se celebrará o 19, 20 e 21 de xullo organizado pola Escudería Rías Baixas.
O concelleiro Santiago Domínguez destacou que o feito de que siga manténdose o Gran Premio Concello de Vigo entre as probas puntuables se debe ó esforzo organizativo da Escudería Rías Baixas e á gran participación do público. O novo emprazamento da proba, no paseo das Avenidas, disporá de maiores comodidades para os participantes.
O concelleiro fixo un chamamento ós afeccionados a que asistan ó evento mantendo as normas de seguridade. Serán 90 os comisarios de ruta que aconsellarán onde se deben situar os espectadores e as medidas de seguridade estremaranse coa instalación de valados de plástico.
O venres 19 de xullo entregarase a documentación e realizaranse as verificacións administrativas na explanada. O sábado 20 publicarase a lista de vehículos autorizados para tomar a saída no taboleiro oficial de avisos na oficina de información do Rallye situada no Hotel Bahía de Vigo. Entregaranse os carnés de ruta e ás 8:30 sairá o primeiro participante da primeira sección do paseo das Avenidas.
Os participantes percorrerán Vigo, Mondariz, As Neves, Salceda, Porriño, San Vicente e Maceiras. A entrega de trofeos será o domingo 21 de xullo ás 00:30 no paseo das Avenidas.
O presidente do comité organizador Fernando Mouriño explicou que editarán un libro sobre o rallye e contará cun texto sobre a figura de Manuel Pestana, a quen lle dedica este evento.
Francisco González sinalou que terán prioridade na inscrición os participantes no Desafío Peugeot Nacional, Citroën, Copa Clío Renault Sport e a Supercopa Fiat Punto. En total serán 90 os participantes neste Campionato de España.
MÁIS INFORMACIÓN
Descargar todas as imaxes