A próxima semana instalaranse os bolardos na rúa Gamboa que controlan o acceso ó Barrio Histórico
O Concello instalará o luns 8 e o martes 9 de xullo os bolardos automatizados na rúa Gamboa que servirán para regular o acceso de vehículos ó Barrio Histórico de Vigo. Estes aparellos, colocados para impedir o paso de coches de maneira indiscriminada, estarán controlados dende o Concello para permitir que accedan á zona só os vehículos autorizados: residentes, carga e descarga, ambulancias e taxis.
Trala instalación da rede de fibra óptica necesaria para o control remoto dos dispositivos, o próximo luns proseguirán as obras de colocación dos bolardos. Por esa razón, o luns e o martes, días 15 e 16 de xullo, vaise cortar ó tráfico o acceso ao Barrio Histórico pola rúa Gamboa. Mentres duren os traballos de instalación, os residentes poderán acceder á zona a través das rúas San Vicente, Chao, Méndez Núñez, Real e Oliva.
Cando rematen as instalacións, realizaranse as correspondentes probas antes de poñer en marcha os novos dispositivos de forma definitiva. A finais deste mes distribuiranse as tarxetas magnéticas entre os residentes para poder accionar a subida e baixada dos bolardos.