A reordenación do tráfico na zona de Samil servirá para evitar atascos durante o verán
A concellería de Tráfico, Seguridade e Transportes reordenará o tráfico na zona de Samil para o que se establecerá, a partir do 13 de xullo, un sentido único que facilitará a circulación de vehículos no verán.
Debido á afluencia de persoas á praia, trátase dun lugar moi concorrido no que hai unha gran presencia de vehículos estacionados. Esta reordenación do tráfico, adoptada por consenso cos veciños da zona, realizarase co obxectivo de evitar atascos.
Estableceranse na rúa Rego da Pulida, un único sentido de Argazada a Robaleira: na rúa Robaleira, de Rego da Pulida a Camiño da Garita e na rúa Salgueiral, de Camiño da Garita a Robaleira.