Escoitar

Abelairas informou que xa vendéronse 1.500 entradas para o concerto de Los Planetas en Vigo

A concelleira de Cultura, Isaura Abelairas, presentou este venres o concerto que ofrecerá Los Planetas no Parque de Castrelos, mañá sábado ás 22:30 horas, teloneados polos vigueses Munich. O ritmo de venda de entradas "vai ben", a cinco euros, cunhas 1.500 despachadas sobre un aforo próximo ás 4.000 localidades. A banda granadina conxugará os últimos traballos cos seus temas clásicos, baixo 100.000 watios de son.

venres, 12 ago 2011
1313150959isaura.jpg
A concelleira de Cultura, Isaura Abelairas, explicou hoxe venres que o ritmo de venda de entradas "vai ben" para o concerto de Los Planetas, con 1.500 despachadas sobre un aforo de 4.000 localidades.

Segundo revelou á concelleira, o espectáculo da banda granadina traerá 100.000 vatios de son e uns 50.000 de iluminación led para as dúas horas da súa actuación, que arrancará ás 22:30 horas coa actuación dos vigueses Munich.

Trátase da primeira vez que Los Planetas tocan en Castrelos, tras a súa última visita á cidade olívica do ano 2006. No seu concerto conxugarán os temas dos seus dous últimos traballos -"Una ópera egipcia" e "La leyenda del espacio"- coas composicións que fixeron do grupo o referente do panorama musical español.

Isaura Abelairas encadrou esta actuación na filosofía do goberno local de programar actividades festivas para todos os públicos, e recordou que o próximo domingo será o turno de Bad Religion, tamén en Castrelos, concluíndo así coa axenda musical festiva da Semana Grande de Vigo no Parque.
Descargar todas as imaxes