Escoitar

A Feira do Paseo de Alfonso oferta o sábado artesanía, produtos da horta, tapas e música

Coincidindo coas festas da cidade, FEIRA trasládase nesta ocasión ao sábado 13 de agosto e contará coa súa habitual selección de produtos ecolóxicos frescos, presentaranse propostas artesanais , haberá unha selección de tapas e pinchos de cinco locais do paseo,e pola noite ofrecerase actuacions musicais de cabaret, jazz e sesión Dj.

venres, 12 ago 2011
1313056629feira2.jpg
FEIRA transfórmase, medra, muda de pel e espalla actividades por todo o Paseo de Alfonso
Agora que xa estamos mergullados no verán, FEIRA presenta unha proposta axustada ás condicións climatolóxicas da estación, ao aumento do tempo de lecer dos cidadáns e ao ambiente xeral dunha urbe lista para disfrutar dos longos días de agosto e das súas agradables noites.

Coincidindo coas festas da cidade, FEIRA trasládase nesta ocasión ao sábado 13 de agosto.
- Pola mañá, no seu horario de sempre de 11:00 a 14:00, FEIRA contará coa súa habitual selección de produtos ecolóxicos frescos: verduras e hortalizas, froita, queixos, pan, conservas, empanadas e repostería.
- Pola tarde, en horario de 19:00 a 22:00, presentaranse propostas artesanais de alto valor engadido. Por unha banda, os produtos cun marcado carácter tradicional, e por outra, os deseños mais actuais, con propostas de artesáns de recoñecido prestixio en Galicia. Está xa confirmada a presenza de artesáns de cestería, tornería en madeira, xoiería en prata, cerámica ...

Nesta edición contamos con dúas novidades que contribúen á incrementar o carácter festivo desta data. A primeira novidade ten que ver co crecemento de FEIRA. En asociación cos empresarios de hostalería do Paseo de Alfonso, ofertarase durante todo o sábado 13 de agosto unha selección de tapas e pinchos. Os cinco locais que participan nesta iniciativa son os seguintes:
- A pola. Produto: "tosta a pola" a 2 €
- El mirador. Produto: paella a 1,50 €
- Café Guay. Produto: pincho moruno a 2 €
- El Castro. Produto: tapas de salpicón de marisco, polbo e navallas a 2 €
- Vinoteca Noitadega. Produto: tosta de carpaccio e virutas de parmesano a 2 €

A segunda novidade está relacionada coa oferta de actividades de lecer. Para este sábado 13 de agosto presentamos as seguintes actuacións:
-Ás 20:00 na Praza da Fonte, no Paseo de Alfonso, actuación de CabRaret, un trío musical formado por unha contralto, un acordeonista e un contrabaixista.
Trátase dun espectáculo de cabaret onde o humor toma o relevo da música, nunha carreira na que a meta é divertir ao público e que os espectadores poidan disfrutar da fanfarria, mesturada cun pouco de jazz, unha pingas de soul, varios litros de chanson e un chisco de tradición para aromatizar o pentagrama.
Un paseo desde New Orleans a România, virando en Fisterra, baixando a Lisboa, seguindo ata Tánxer, subindo por Motril, enviando postais a Brasil e chegando a París despois de atravesar os Pirineos baixando en punto morto.

- Ás 21.00 e até ás 22.00 actuarán Que pasa trío!. Jazz-Fusión
Este grupo está formado por tres músicos vigueses que fan jazz- fusión. Vellos coñecidos da escena musical viguesa, militan en diferentes formacións da cidade. Os seus compoñentes son Pipo Rodríguez (guitarra) membro tamén do mítico grupo "los podridos" e de "weliking", David González Vaquero (baixo) antigo compoñente de "bunker", "14 pulgadas" e actualmente tocando en "señor gómez", e Carlos Rivas (batería) compoñente de bandas como "juerga general" e "motores" actualmente tocando en "arponeros" e nun novo proxecto co ex-guitarrista de "los cafres" e "motores" e compañeiro en arponeros, Tony Lápidas que en breve verá a luz.

- De 22.00 a 23.30 tamén na Praza da Fonte sesión Dj a cargo de Dumbfounded_(iwasthere, miniature, ningunos djs).
Proxecto en solitario dun dos compoñentes de Ningunos djs., residentes do desaparecido club Vademecum e uns dos representantes galegos na pasada edición de Sónar A Coruña.
A súas sesións abarcan desde o Ambient ata o Chicago House nun elaborado cóctel no que se pode saborear ademais, Pop, Folk, IDM, Dub y Cosmic Disco.

E, coma sempre, a selección de artesáns e de produtos de horta ecolóxicos que nesta ocasión a compoñen entre outros:
- Produtos de horta ecolóxica
Finca Con da Santa, Adelina Padín ofrécenos os seus produtos de horta ecolóxica, sempre produtos de tempada cultivados nas terras de O Grove.
Biochousa, Hermindo Álvarez e Sara Cifuentes propietarios de Biochousa, teñen desde fai 7 años, na parroquia de Gargamala (Mondariz), terreo no que cultivan gran variedade de produtos biolóxicos.

- Queixos
Queixo Touza Vella, queixo de cabra curado e semicurado, feito co leite das cabras de raza murciano-granadina, traídas de Jumilla, en Murcia, criadas en Pontecandelas.
Queixo Cabras do Xurés, é un queixo curado e ecolóxico de cabras criadas no Xurés. O queixo elabórase de maneira artesanal conservando as tradicións dos nosos antepasados: leite crú sen ningún aditivo, tempo de maduración tres meses, curado en covas,...

- Pan
Panadería Divina elabora todo tipo de pans ecolóxicos a partir de masa nai elaborada exclusivamente con fariñas ecolóxicas. Estes son froito de utilizar unha agricultura menos extensiva que non utiliza elementos de procedencia química como fertilizantes inorgánicos, plaguicidas ou antibióticos, nin sementes transxénicas ou modificadas xeneticamente

- Conservas
Pan do mar, conservas ecolóxicas de peixe, esta marca soamente utiliza peixes pescados con redes de pesca artesanais, o que ten un menor perxuicio no medio.

- Aceite galego
Aceiroga, aceite galego, elaborado cunha variedade de oliva cultivada na zona de Quiroga (Lugo)

- Embutidos ecolóxicos
Cooperativa Monte Cabalar, explotación gandeira de milleiros de leiras das parroquias d´A Somoza, Tabeirós, Nigoi, Arca e Souto, coa participación de máis de 330 socios/as con achegas de Terra e Capital. Un modelo integral-gandeiro, forestal e agrícola- de recuperación de superficie en abandono. Unha explotación en extensivo con máis de 700ha pechadas para aproveitamento gandeiro mixto con rotación de bestas, cabras e vacas cun ecosistema monte-gando en equilibrio cun aproveitamento do pasto arbustivo e herbáceo en réxime de liberdade seguindo o biorritmo natural dos animais cumprindo os estándares sanitarios e da produción tradicional cun acabado para sacrificio a base de cereais.

- Mel
Mª Teresa Castro Ferreiro, na súa empresa levan 15 anos producindo mel galega de carballo, castaño e bosque así como polen multifloral. Sita en Rairiz de Veiga (Ourense). Pertencen a cooperativa Erica Mel.

- Cócteles e batidos ecolóxicos
Cova dos Ratos centro social autoxestionado, un espazo aberto, participativo e independente, participarán na FEIRA con batidos feitos con produtos ecolóxicos e na sesión de tarde traerán coctelería.

ARTESÁNS
-Amandoval, é unha asociación de recente creación integrada por artesáns afincados nos municipios de Baiona, Nigrán e Gondomar. A FEIRA traerán unha mostra dos artesáns que compoñen esta asociación. Poderán contemplarse múltiples traballos en talla en pedra, madeira, deseño de mobles, coiro, bambú, cerámica, orfebrería e confección textil.

-Ideas Orecu, traballos en coiro, complementos, bolsos, cintos feitos coas mans de Romina artesá do coiro afincada en Arcade.

-Naturavia é un laboratorio que se dedica á elaboración de cosméticos a partir de ingredientes naturais, a maior parte deles ecolóxicos. Aceite de amendoas, oliva ou rosa de mosqueta, extractos de plantas típicas de Galicia, como o romeu, a menta ou o fiúncho e aceites esenciais de primeira calidade son principais materias primas utilizadas nos seus produtos. Na comarca do Ribeiro, en pleno corazón de Galicia, é onde se elaboran de forma totalmente artesanal os produtos cosméticos de Naturavia. As instalacións e procedementos de traballo cumpren coa normativa para a correcta fabricación de cosméticos e por isto teñen a autorización pola Agencia Española de medicamentos y productos sanitarios (Ministerio de Sanidad y Consumo) Nº de licencia de actividades cosméticas: 9628CS.

-Latontaylarubia, marca de xoiería formada por Ramón López (Albacete) e Nuria Manzano (Lleida) que se instalaron en Santiago para deseñar pezas de xoiería inspiradas en ornamentos de moble utilizando materiais de refugallo e o latón como materia prima.

-Beatriz Cano, pezas artesanais de xoiería en prata, pedras finas, corais, perlas, nácar.

-Singoalla, detrás desta marca podemos atopar unha colección moi persoal e única de complementos variados como bolsos, moedeiros, neceseres, broches, etc, feitos de maneira artesanal, utilizando diferentes tecidos e cores, ademais de técnicas como apliques, patchwork e bordados.

-Xosé Xoubinha ceramista, Maria Meda, ceramista. Raquel Cendón, ceramista. Pedro Román, pintura (postais do casco vello).

-Antonio Suárez Davila, cesteiro con apelido de centenaria tradición na nosa cidade achega a FEIRA os seus produtos tecidos en vimbio e madeira.

-Jorge López Corcoba, artesán da madeira tallada que nos amosará unha selección de obxectos de uso cotiá, combinados con deseños propios máis actuais. Jorge estudou económicas e empresariais, e tras unha actividade profesional vinculada a súa formación, replantéase o seu traballo e vólcase cunha actividade que dende neno sempre lle chamou a atención, o traballo da madeira, sendo na actualidade a súa profesión, a cal desenvolve como artesán e experto na restauración e ornamentación de mobles.




1313056629feira2.jpg
1313056639feira1.jpg
Descargar todas as imaxes