O rexedor anuncia a cesión de 1.000 prazas de aparcamento de Peinador ao Ifevi
Abel Caballero anunciou hoxe mércores que o Ifevi "verá por fin solucionado o seu grave problema de aparcamento", xa que o aeroporto de Peinador lle cederá máis de 1.000 prazas. Esta "importante decisión para o principal recinto feiral de Galicia alcanzouse nunha reunión que mantivo o rexedor, acompañado da primeira tenente de alcalde, Carmela Silva, co director de Espazos e Servizos de Comunicación de AENA, Mariano Sanz Peche; a directora do Peinador, Noelia Martínez; e o xerente do Ifevi, Arsenio Iglesias.