Peche de tráfico dun carril da rotonda de Travesía de Vigo
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras da nova canalización de abastecemento ao Morrazo, a realizar pola empresa UTE MORRAZO EXCOVER BARDERA, estará pechado un carril en cada sentido da rotonda de TRAVESIA DE VIGO con Cantabria, dende o mércores 17 de agosto de 2011 ás 10:00 horas e por un período aproximado de duas semanas.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.