O alcalde avanza "que manterá e aumentará" o apoio aos plans de emprego municipal
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou hoxe xoves a súa intención de aumentar nun futuro a dotación orzamentaria do Plan UTIL, un programa de inserción laboral para persoas con dificultades de empregabilidade, no que este ano traballarán 92 persoas, cun custe de contratación de 1.343.000 euros. Así o explicou hoxe nunha visita aos 92 alumnos que durante un ano se formarán no Parque Central de Santa Cristina.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ratificou hoxe xoves o compromiso do Goberno "non só de manter senón de aumentar no futuro" a cooperación na busca de emprego coas persoas con máis dificultades de inserción laboral. Así o explicou nunha visita no Parque Central de Santa Cristina ás 92 persoas que durante un ano se formarán no Plan UTIL do Concello de Vigo, cun custe de contratación de 1.343.000 euros. Tras dar a benvida e desexar sorte aos alumnos, o rexedor avanzou a súa intención de aumentar a dotación orzamentaria deste plan, en contraposición, -destacou- ao que fai a Xunta de Galicia, que dos 80 millóns que recibe do Estado "só inviste medio millón en Vigo".
O rexedor, que estivo acompañado polo concelleiro Santos Héctor, explicou que durante este ano de traballo, os alumnos aprenderán, entre outras destrezas, a facer beirarrúas, impermeabilizacións ou reformas interiores, coñecementos que "lles permitirán acceder en mellores condicións ao mercado laboral". Nesta liña, lembrou que o Concello "coopera cos alumnos na busca de emprego" unha vez rematado o proceso de formación. Como exemplo do bo funcionamento da iniciativa, o alcalde recordou que varios ex integrantes do Plan UTIL colaboraron la rehabilitación de Navia ou na reforma da avenida Europa.
Descargar todas as imaxes