Escoitar

Durante o verán realizaranse obras de mellora en centros educativos

luns, 15 xul 2002
A Comisión de Goberno acordou realizar obras que se van acometer este verán, aproveitando as vacacións escolares, no colexio Doutor Fleming e na Escola Municipal de Música.

No colexio Doutor Fleming renovarase a pista polideportiva, a recollida de pluviais e a zona de aseos. Estas actuacións terán un investimento de 40.000 euros (6 millóns de pesetas). Trátase dunha entidade moi importante que, xunto co colexio Picacho, está no centro da cidade e conta con moita demanda de alumnado.

Xunto coas obras de urbanización do Peri Hispanidade, que están a punto de ser recepcionadas polo Concello, porase a estructura dun edificio a disposición da Consellería de Educación para a remodelación completa do sistema provisorio instalado no colexio Villalaura que acollía aulas e un ximnasio.

Outro dos acordos adoptados foi o cambio de cuberta da Escola Municipal de Música para o que se investirán 36.000 euros (5 millóns de pesetas). Con esta remodelación, este centro quedará en boas condicións para os próximos anos.