Escoitar

Caballero subliña que o novo aparcadoiro de Policarpo Sanz resolveu o "problema endémico de Vigo das inundacións de Colón"

Este mércores tivo lugar a inauguración oficial do novo aparcadoiro soterrado de Policarpo Sanz tras máis de dous anos de traballo, unha obra que fixo posible crear sobre medio millar de estacionamentos, a humanización da superficie e a resolución do "endémico" problema vigués das inundacións da rúa Colón. O alcalde fecilitou á empresa EloyMar Tranvías por unha infraestrutura que "supera os estándares aos que estaban obrigados" polo contrato.

mércores, 2 feb 2011
1296663397parkin.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, salientou este mércores que o novo aparcadoiro de Policarpo Sanz resolveu "o problema endémico de Vigo das inundacións de Colón".

No acto de inauguración do parking, que empezará mañá xoves a operar, Caballero felicitou á empresa EloyMar Tranvías por levar adiante esta obra "excepcional" que "supera os estándares aos que estaban obrigados" por contrato. "Cando menos iguala calquera outro aparcamento", apuntou o primeiro edil.

A nova infraestrutura suma ao centro da cidade sobre medio millar de novas prazas de aparcamento, para un total de 20.000 metros cadrados de construcción e máis de dous anos de traballo que inclúen a humanización da superficie e a resolución da "maldición eterna" das inundacións na rúa Colón.

O alcalde tamen destacou o compeñente tecnolóxico que incorpora o aparcadoiro, que carece de columnas e convértese na segunda electrolinera da cidade tras o estacionamento soterrado de Pintor Colmeiro, que foi a primeira aberta en Galicia.
Descargar todas as imaxes