O Vao abre a estación náutica para a tempada de verán
A concelleira de Turismo, Lilian Álvarez, presentou a base náutica do Vao que, a partir de hoxe e ata o vindeiro 15 de setembro, pon a disposición dos usuarios cursos e aluguer de catamaráns a vela, windsurf, esquí acuático, buceo e piraguas.
A base náutica de Vigo, ubicada no Vao e cunha subbase en Samil, presentou a súa oferta turística, que inclúe paquetes de viaxe con aloxamento e actividades náuticas con aluguer de embarcacións e de equipos.
Segundo explicou a concelleira de Turismo, ”este servicio representa un importante apoio para o desenvolvemento do sector turístico, ó ofrecer unha ampla variedade de alternativas para disfrutar do mar de Vigo”. Lilian Álvarez, tamén destacou o esforzo realizado pola empresa concesionaria na mellora das instalacións e comprometeuse a profundizar na súa política de consolidación e creación de dotacións para o uso dos vigueses e de todos aqueles que decidan visitar a nosa cidade e queiran disfrutar da oferta paisaxistica, cultural e gastronómica da cidade de Vigo.
A Concellería de Turismo, en colaboración cos responsables da concesión da Base Náutica, crearon o denominado Bono Azul, que permite descontos de ata un 25 por cento nas tarefas dos servicios que presta, e un 10 por cento de rebaixa nos prezos de aloxamento dos hoteis adheridos ó programa. Así como tamén reparten no Bus Túristico tarxetas de desconto para o aluguer das piraguas.
Entre as actividades programadas pola Base Náutica hai que destacar que mañá se celebrara a II Feira do Material Náutico, na que se pon ó alcance dos usuarios material usado, ou novo de tempadas anteriores, a prezos moi asequibles. Nesta feira poden participar tanto particulares como empresas privadas. O material que quede sen vender publicarase na páxina web www.temperans.com.
Descargar todas as imaxes