Santiago Araujo: ”Un convenio co IMD permitiralles ós clubes de base a utilización gratuíta das instalacións municipais”
A Fundación Vigo en Deporte, VIDE, apoia o labor de fomento do deporte vigués. Santiago Araujo, xerente da Fundación, destaca ”a entrega de material deportivo a tódolos clubes para levar a cabo a súa actividade, unha convocatoria de becas para deportistas individuais e un plan de voluntariado”, entre as actividades promovidas.
-¿Como nace a Fundación VIDE?
-Nace por iniciativa do concelleiro de Deportes, Santiago Domínguez, que me encargou un estudio para ver a maneira de dotar os clubes vigueses dalgunha financiación. Dentro das súas propostas nace a Fundación tanto para os clubes de elite como para os clubes de base, cumprindo un fin social. Isto non sería posible sen a presencia de Caixanova, PSA-Peougeot Citroën e Pescanova como membros fundadores.
-¿Cales son os obxectivos desta Fundación?
-Hai un obxectivo común que é apoiar o deporte da nosa cidade, tanto de elite como de base, individual ou colectivo, ademais de promocionar e patrocinar as iniciativas cidadás relacionadas coa actividade deportiva, para que ningún evento deportivo deixe de levarse a cabo. Dentro dos obxectivos fundacionais tamén temos a entrega de subvencións a equipos de elite, un convenio co Instituto Municipal dos Deportes para que tódolos clubes de base de Vigo non paguen taxas municipais polo uso das súas instalacións e a entrega de material deportivo a tódolos clubes para levar a cabo a súa actividade. Tamén haberá este mes unha convocatoria de becas para deportistas individuais que pola súa situación carecen de recursos para practicar o seu deporte e un plan de voluntariado para deportistas de apoio ós distintos eventos de maneira solidaria.
-¿Que acollida tivo VIDE entre os deportistas de Vigo?
-Moi boa, xa que era unha necesidade que xa se viña reclamando na cidade. Hai que ter en conta que para apoiar o deporte de elite faise necesario o apoio ó deporte de base, canteira de futuras estrelas e VIDE non é allea a todo canto de positivo leva consigo o feito de promocionar a actividade deportiva dende os seus cimentos.
-¿Que número de deportistas se benefician da Fundación?
-Un número potencial de máis de 60.000 deportistas de distintas especialidades no que englobamos os de base, escolas deportivas e os deportistas individuais.
-¿Que plans de futuro ten VIDE?
-Entre os nosos plans está unir o público deportivo vigués nun só nome e que poidamos identificalo. Amais de crear a nosa propia páxina web e unha revista mensual sobre a Fundación.
-¿Que papel xogan as empresas patrocinadoras nesta Fundación?
-A Fundación sempre ten que funcionar porque é a fórmula mais adecuada para financiar o deporte de base da cidade, a través da empresa privada. Esta rendibiliza o seu investimento con vantaxes fiscais, promocionais e sociais. Polo que a VIDE ten que unir tódolos esforzos do deporte para conseguir un producto interesante para as empresas que queiran investir na Fundación. Nestes días tamén se fixo socio de VIDE “Augas Cabreiroá” cunha cantidade de 30.000 euros anuais. As cantidades para facerse socio desta entidade van dende 1.500, 3.000, 6.000 15.000 e 30.000 euros ó ano para as empresas que queiran participar.
Descargar todas as imaxes