Escoitar

250 persoas garantirán a seguridade no Festival Aéreo de Vigo

Abel Caballero presidiu este luns a Xunta de Seguridade na que se acordaron as medidas de tráfico e seguridade para o Festival que se celebrará o vinceiro 18 de xullo. Abel Caballero destacou que "xa está todo previsto", recomendou o uso do transporte público e pediu a máxima colaboración cidadana dun evento que cualificou como "os días da afluencia de persoas máis importante que ten a cidade"<br />

luns, 12 xul 2010
1278941691xuntaseguridadfav.JPG
Arredor de 250 persoas garantirán a seguridade dunha nova edición do Festival Aéreo de Vigo, cada vez máis consolidado como un dos eventos de ocio máis relevantes do noroeste peninsular. O alcalde presidiu este luns a Xunta de Seguridade na que se acordaron as medidas de tráfico e seguridade marítima, aérea e terrestre.

O Festival, que se celebrará en Samil o vindeiro día 18, concentrará a intervención de distintos corpos como a Policía Local, Policía Nacional, Protección Civil, Cruz Vermella, personal do aeroiporto e personal marítimo ademáis de Bombeiros e voluntarios. Tal e como explicou Abel Caballero haberá 4 ambulancias en Samil, Argazada, o Vao e unhya por se fora necesario evacuar por mar que estará ubicada en Marina Davila Sport.

Tamén no mar seguirá de preto o evento o remolcador María Pita e estarán de guardia dous médicos no areal vigués así coma buceadores da armada e dos bombeiros.

Entre as medidas de tráfico avanzadas por Abel Caballero o alcalde destacou o servizo de lanzadeiras de Vitrasa que facilitarán o aceso desde a Praza de América cunha frecuencia de dous minutos. A elo súmanse as liñas que sairán desde distintos puntos da cidade e cunha frecuencia alta coma Ramón Nieto, Travesía de Vigo, Llorones, Urzáiz, Policarpo Sanz, Praza de españa, etc que enlazarán con Travesas para dirixirse despóis ata Samil.

Vitrasa porá en servizo un total de 76 autobuses para facilitar a fluidez do tráfico, e para o que o alcalde pediu a máxima colaboración cidadá como é o uso do transporte público. Haberá unha restricción de tráfico absoluta na Avenida de Europa para veículos particulares que terán que acceder polo Valo, Los Molinos ou a Avenida Atlántida. Ao tempo os autobuses discrecionais deixarán aos viaxeiros no restaurante Navia (na avenida de Europa) de xeito que "non quedarñá estacionado nin un solo bus", explicou Caballero.

Tamén avanzou que na Avenida de Europa habilitaránse carrís para buses e para os propias forzas e corpos de seguridade.

Distancia de seguridade
Os avións voarán a unha distancia de seguridade mínima de 300 metros en horizontal desde a praia e se enviará o sinal de voz que narra as acrobacias dos avións na praia ás embarcacións que seguen o Festival desde o ma a través do canal 5 do VHF.

Tamén lembrou Abel Caballero que a operatividade normal do aeroporto está garantida e que a partir deste xoves xa haberá algún ensaio que será xeral o día previo a exhibición. Este mesmo día 17 estarán no Porto de Vigo o buque escola Juan Sebastián Elcano, o buque Galicia e a Fragata Méndez Núñez. O día 18 o Concello fará entrega da bandeira de combate a fragata Méndez Núñez.
Descargar todas as imaxes