Abel Caballero propón ao Ministerio de Cultura ubicar a Biblioteca Estatal na Universidade Popular
Técnicos do Ministerio visitarán a actual sede da Escola de Artes e Oficios para comprobar a súa viabilidade. O alcalde asegurou que esta é "a mellor ubicación posible" para a Biblioteca pois creará "un gran bloque cultural no centro da cidade", e garante que a Escola mellorará as súas condicións actuais na súa nova localización, tamén céntrica.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, remitirá este luns unha carta á nova ministra de Cultura, Ángeles González-Sinde, na que proponlle a Universidade Popular como sede da futura Biblioteca Estatal en Vigo.
O rexedor defendeu en rolda de prensa esta ubicación por ser "a mellor posible" e conformar no centro da cidade "un gran bloque cultural", composto pola propia Biblioteca Estatal na actual sede da Escola de Artes e Oficios, o Centro Cultural Caixanova, o MARCO, a Casa das Artes, a Fundación Caixagalicia, a Fundación Barrié de la Maza ou o futuro Cine Fraga, entre outras dotacións culturais.
Abel Caballero explicou que o edificio cumpre cos requisitos solicitados polo Ministerio, con 4.500 metros cadrados sobre os 4.000 pedidos por Cultura, e adiantou que os técnicos do Ministerio virán a Vigo para comprobar a viabilidade da ubicación proposta.
A Escola de Artes e Oficios, actualmente localizada na infraestrutura, será trasladada a unha das tres ubicacións que baralla o Concello, mais o alcalde garantíu que permanecerá no centro da cidade. Ao respecto da nova sede da Escola, Abel Caballero indicou que mellorará as condicións actuais da EAO, na actualidade limitada pola súa estrutura. O alcalde tamén avanzou que estudará coa Xunta de Galicia dotala dunha titulación de Formación Profesional, pois agora non está acreditada a ensinanza impartida pola Escola de Artes e Oficios.
Descargar todas as imaxes