Escoitar

Esta semana celebrase as IX Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas

A Concelleria de Festas organiza, en colaboración coa Asociación Cultural Interfolc, as IX Xornadas de Danza e Música Tradicional de Galicia que terá lugar no Teatro-Sala de Concertos do Centro Cultural Caixanova, os días 8 e 9 de novembro (sábado e domingo) as 20 horas.<br />

luns, 3 nov 2008
En total participarán 3 grupos de danza e música galega: Agrupación Folclórica "Colexiata do Sar" de Santiago de Compostela; Asociación Cultural "Xirandola" de Bandeira e Asociación Folcórica "Tangaraño".

O xurado valorará de 0 a 10 puntos a cada agrupación, e terá como base fundamental os seguintes criterios:calidade artística dos bailarins/as, o grao de dificultade e autenticidade das danzas interpretadas e vestiario utilizado, valor interpretativo do grupo de acompañamento.

O xurado estará formado por Xesus López, conselleiro de Festas; Luís Prego Fernandez, director do grupo "Bricadeira" de Santiago e bailarin; José Manuel Gil Rodriguez, profesor de música; Isabel García Quintela, profesora de baile; Enrique Dominguez Lino,directo do grupo "Celme" de Pontevedra. Actuará como secretaria do xurado: Carmen Chapela Meneo, funcionaria do Concello de Vigo.

PREMIOS:

1º premio: 1.500.- € medalla e diploma
2º premio: 900.- € " "
3º premio: 600.- € " "
4º, 5º, 6º clasificados: Diploma e accésit de 100 €
Premio especial o mellor grupo de acompañamento: 200 €.

O comenzo dos actos será as 20,00 horas. As persoas interesadas en asistir ás xornadas debereán recoller as invitacións o sábado e domingo a partir das 18.30 horas no teatro.