"Vigo a escena" programará 39 actuacións teatrais nos barrios e parroquias da cidade ata final de ano
O concelleiro de Cultura, Xesús López, anunciou hoxe que o programa municipal "Vigo a escena" premitirá que os barrios e parroquias da cidade gocen con 39 actuacións teatrais ata que remate o ano. O concelleiro salientou que con esta iniciativa se presigue o dobre obxectivo de "democratizar a oferta cultural, achegándoa a toda a cidadanía", ao tempo que apoiar as compañías teatrais da cidade".
O vindeiro sábado retomase a actividade do programa "Vigo a Escena" coa actuación de Teatro Avento no Centro Cívico de Teis, que representará "A insólita historia de Jimmy Pelostristes". Nos vindeiros meses un total de 13 compañías (8 de adultos e 5 infantís) percorrerán os barrios e parroquias da cidade actuando en centros culturais e asociacións de veciños. Nesta nova etapa engándense dous novos escenarios, o paraninfo do instituto Santa Irene e o Auditorio do Conservatorio. O concelleiro de Cultura sinalou que o obxectivo é facilitar ao máximo o acceso da cidadanía a todos os campos da cultura e "con este programa estamos achegando ao teatro a aquelas persoas que non sempre van aos habituais centros de divulgación teatral".
O director do programa, Xerome Calero, fixo fincapé en que todas as compañías son de Vigo e tamén sinalou que nesta etapa incorpórase unha de nova creación como é Lambrica Producións. "Vigo ten unha actividade teatral moi importante e ter unha rede municipal de teatro como esta é un luxo. Agardo que as compañías e a cidadanía goce desta rede porque é algo que non existe en toda Galiza", asegurou.
As compañías que van a participar no programa son Aforo Teatro; Disque Danza; Fulano, Mengano e Citano; Lambríaca Producións; Máscara Producións; Sísifo Teatro; Teatro Avento; Teatro Lope de Vigo; A Loca-motora; Artello-Teatro alla scala; Pablo Nojes e Páprika; The Pinga Teatro e Títeres en Acción.