Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 14 de xuño de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O goberno local eleva a 155.000 euros o orzamento para cooperación internacional, duplicando a cifra de 2017

Abel Caballero avanzou hoxe xoves que o Concello duplicou en 2018 o orzamento para cooperación internacional. Esta cantidade pasou de 80.000 euros en 2017 a 155.000 euros o presente exercicio.

O Concello duplicou en 2018 as partidas dedicadas a cooperación internacional elevándoas a 155.000 euros, aos que hai que sumar a cantidade que supón costear as viaxes do programa "Vacacións en paz" que cada ano permite a nenos e nenas saharauis pasar o verán con familias viguesas. Tal e como indicou o rexedor, xa están en tramitación as colaboracións con Acnur, Unicef, así como o Programa mundial de alimentos e o Programa Impórtanos.

En declaracións aos medios, destacou que o Concello xa executou os 80.000 euros que recollía para cooperación internacional o orzamento do ano 2017, o que permitiu achegar 30.000 euros a Acnur para a poboación desprazada en Irak; 20.000 euros a Unicef para o acceso a educación en Siria ou o Programa de comercio xusto, Impórtanos. O ano pasado, o goberno local tamén asumiu o custo das viaxes do programa "Vacacións en paz".
Mais noticias
O Concello inicia en Castelao as obras do gran carril bici entre Teis e Samil
A Xunta de Goberno adxudica as 750 prazas para os alumnos do programa "Vigo en Inglés"
Air Nostrum propón ao Concello rotular dous avións con imaxes turísticas de Vigo
O Concello recorrerá o auto do TSXG que insta a demolición do Piricoto, un problema urbanístico do ano 1994
O alcalde inaugura a cuarta edición da Ruta de Pinchos das Travesas
O campionato de España de Ximnasia Acrobática reunirá en Vigo a máis de 500 deportistas
Abel Caballero expón o protocolo das Entidades Locais para o acollemento dos migrantes do Aquarius


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003