Escoitar

Vigo instala 174 paneis solares na potabilizadora para avanzar na súa eficiencia enerxética

A instalación ocupará máis de 700 metros cadrados e permitirá un aforro eléctrico equivalente ao consumo anual de 40 vivendas.

mércores, 9 set 2026

O alcalde informou da instalación de 174 paneis solares na nova potabilizadora da cidade, unha actuación coa que o Concello continúa avanzando na eficiencia enerxética das instalacións municipais. As placas ocuparán máis de 700 metros cadrados das cubertas dos novos edificios de reactivos, laboratorios e fangos, permitindo alcanzar, segundo explicou o rexedor, unha eficiencia superior ao 87%.

Caballero destacou que a enerxía producida polos novos paneis permitirá un aforro equivalente ao consumo eléctrico de 40 vivendas durante un ano. En termos ambientais, a redución de emisións de CO₂ será comparable ás xeradas ao percorrer 500.000 quilómetros en coche. “Queremos aforrar nas facturas de enerxía, mellorar a eficiencia e eliminar gases de efecto invernadoiro da atmosfera”, sinalou o alcalde.

Descargar todas as imaxes