O Marisquiño ultima a montaxe para acoller a 1500 deportistas en Samil
O alcalde visitou este mércores en Samil os traballos de montaxe de tódalas estruturas que conforman o espazo do Marisquiño 2026 tanto para as oito disciplinas deportivas como para a oferta musical e de ocio. O Concello subvenciona con 1.350.000 euros a celebración desta nova edición do maior festival de cultura urbana e deportes de acción do sur de Europa, que espera recibir 1500 deportistas de máis de 30 países e preto de 60 artistas de diferentes estilos.