Escoitar

O Concello inicia a humanización de Cesáreo Vázquez cun investimento de 1,85 millóns de euros

As obras renovarán as redes de saneamento e abastecemento e supoñen o primeiro paso dunha actuación global de 4,2 millóns de euros.

venres, 24 xul 2026

Abel Caballero anunciou o inicio inminente das obras da primeira fase de mellora da rúa Cesáreo Vázquez, no treito comprendido entre os números 75 e 159, cun investimento de 1.855.000 euros. A actuación forma parte do proceso de transformación integral desta vía, que contará cun investimento total de 4,2 millóns de euros.

Caballero explicou que o obxectivo principal da intervención é renovar as infraestruturas básicas da rúa, comezando pola substitución das redes de saneamento e abastecemento, que presentan continuas roturas. As obras incluirán tamén a renovación dos antigos colectores por outros de nova xeración, co fin de evitar filtracións e perdas de auga e mellorar o funcionamento da rede.

O rexedor destacou que esta actuación permitirá avanzar na humanización da rúa Cesáreo Vázquez para convertela nun espazo moderno e dotándoa das condicións urbanísticas e dos servizos propios dunha rúa renovada.

Descargar todas as imaxes