Caballero visita o campamento municipal de Navia
O alcalde salienta a aposta do Concello pola conciliación familiar e por unha oferta de lecer educativo e deportivo durante os meses de verán. Abel Caballero, visitou este martes o campamento municipal de verán de Navia, que se desenvolve na casa parroquial de San Paio de Navia e no que participan 50 nenas e nenos de entre 4 e 13 anos. Durante dúas semanas, os participantes desfrutan dun amplo programa de actividades relacionadas co deporte, o lecer, os xogos e a convivencia. Caballero destacou que esta iniciativa forma parte da programación estival impulsada polo Concello, que este ano ofrece máis de 4.000 prazas para nenas e nenos vigueses nados entre 2009 e 2018. A oferta inclúe 15 campamentos distribuídos entre os meses de xuño, xullo e agosto, co obxectivo de favorecer a conciliación da vida familiar e laboral e proporcionar alternativas de ocio durante as vacacións escolares.