Vigo contará en setembro co maior cadro de persoal de bombeiros da historia da cidade
Abel Caballero saudou este martes aos 20 bombeiros e 4 condutores bombeiro que inician o período de formación antes de tomar posesión da súa praza no Corpo de Bombeiros de Vigo.
O alcalde destacou que o servizo municipal de bombeiros contará o próximo outono cun persoal de 189 bombeiros, a maior da historia. Lembrou que en 2021 Vigo contaba cunha dotación de 154 profesionais. Ante os 24 funcionarios interinos que inician unha formación de 500 horas, o alcalde destacou a transcendencia para a cidadanía do traballo que van desenvolver.