Escoitar

O Concello amplía as becas de inglés ata os 1.015 alumnos

O alcalde pon en valor o “éxito excepcional” do programa Vigo en Inglés que suma 88 prazas máis nesta convocatoria para alumnado de 4º da ESO. Así, serán 1.015 as mozas e mozos que aprenderán o idioma no Reino Unido ou Irlanda este ano.

luns, 15 xuñ 2026
Foto de arquivo do alcalde con familias do Vigo en Inglés
Foto de arquivo do alcalde con familias do Vigo en Inglés

A Xunta de Goberno Local acaba de aprobar a ampliación do número de bolsas do programa “Vigo en Inglés” para este curso. Serán 88 prazas máis e supoñerán un incremento de 285.000 euros no orzamento.

Tal e como explicou Caballero, o Concello prevía inicialmente a concesión de 927 bolsas e coa ampliación acadará as 1.015 de maneira que o presuposto do programa acada os 3.285.000 euros. O custo de cada praza é de 3.235 euros, que financiada na súa totalidade o Concello. Nos vindeiros días será publicada a resolución da convocatoria deste ano.

Vigo en Inglés é o programa de inmersión lingüística municipal, posto en marcha no ano 2008 cun “éxito excepcional” e co que mozas e mozos de 14 e 15 anos pasan tres semanas convivindo cunha familia inglesa e “coñecendo a cultura británica e irlandesa”, unha experiencia que da como resultado que “Vigo é a cidade de España que mellor fala inglés e queremos seguir nesa liña”, apunta o alcalde.

Grazas a este programa municipal, explica Caballero, que máis de 12.000 estudantes vigueses gozaron xa da súa bolsa. “Cando cheguei á Alcaldía soamente ían estudar inglés os fillos dos donos das fábricas, agora van todos os que cumpren os requisitos, practicamente a metade de cada promoción”.

Sala Ártika

A Xunta de Goberno aprobou tamén a subvención nominativa de 10.000 euros á Sala Ártika para financiar a programación realizada en xaneiro de 2026. Trátase dun espazo dedicado ás artes escénicas, que naceu co obxectivo de achegar o teatro á cidadanía viguesa e reinvindicar as artes escénicas como opción de lecer e a creación de novos públicos. Na súa programación inclúen espectáculos de diferentes disciplinas: danza, monicreques, comedia musical e dramas, da man de compañías de Galicia e Extremadura, de ampla traxectoria, outras de recente creación e con espectáculos de gran formato.

Descargar todas as imaxes