Escoitar

O Concello inviste 390.000 euros na remodelación do adro da igrexa de Candeán

O alcalde participou este xoves na inauguración do espazo de San Cristovo de Candeán que foi urbanizado no marco do convenio entre o Concello e a Diocese Tui-Vigo.

xoves, 12 feb 2026

O alcalde, o bispo de Tui-Vigo, Antonio Vallín; o ecónomo da diocese e o párroco de Candeán, Fernando Lago, participaron na inauguración da remodelación do adro da Igrexa parroquial de San Cristovo de Candeán, unha obra coa que se mellorou o espazo para as persoas, con bancos, zona axardinada e unha iluminación que pon en valor o templo.

No seu discurso, Abel Caballero avogou pola preservación do patrimonio cultural, un dos obxectivos do convenio que o Concello e a Diocese Tui-Vigo teñen asinado para colaborar en diferentes proxectos e trasladou os seus parabéns aos arquitecto polo “magnífico resultado” da obra, que contou cun orzamento de case 390.000 euros.

Descargar todas as imaxes