Escoitar

O Concello adica máis de 200.000 euros ao control das obras da piscina de Teis

Teis contará cunha piscina máis grande, con máis salas e mellores instalacións unha vez rematadas as obras de rehabilitación integral que se elevan a 6,9 millóns. Hoxe deuse un novo avance nos traballos de remodelación coa contratación da asistencia técnica para o control das obras.

venres, 9 xan 2026

O alcalde deu conta esta mañá dun novo paso na construción da piscina de Teis. A Xunta de Goberno aprobou esta mañá a contratación da asistencia técnica para o control da execución das obras por importe de 203.000 euros.

Segundo explicou, nestes momentos está a piques de finalizar a demolición dos alicatados dunha infraestrutura deportiva que terá un custo global de 6,9 millóns. En breve, iniciarase a instalación de fontanería, saneamento e instalacións eléctricas e climatización. A continuación, procederase a cubrir as cubertas do soto cunha estrutura metálica. Rematadas as obras, apuntou o rexedor, Teis contará cunha máis grande e con máis salas e mellores instalacións.

Descargar todas as imaxes