O Concello inicia o acondicionamento de Samil e O Vao para Semana Santa
O operativo incluirá a retirada de residuos e a recolocación da area acumulada nos muros e escaleiras. Durante toda a Semana Santa, o operativo de limpeza contará cun equipo especial de 11 operarios que traballarán diariamente en todas as praias de Vigo.

Abel Caballero deu conta do inicio dos traballos de limpeza e explanación das praias de Samil e O Vao, co obxectivo de que os areais estean en perfectas condicións para o seu uso durante a Semana Santa. O operativo incluirá a retirada de residuos e a recolocación da area acumulada nos muros e escaleiras. Ademais, engadiu, reforzarase o dispositivo de limpeza durante toda a Semana Santa cun equipo especial de 11 operarios que traballarán diariamente en todas as praias de Vigo.