O Pazo da Raposeira, Premio Aproin 2025
O alcalde puxo en valor a "rehabilitación excepcional" do edificio polo que quere “que toda a cidade o coñeza”, a través das visitas guiadas que organiza o goberno municipal.

A Asociación de Promotores Inmobiliarios de Pontevedra (Aproin) vén de outorgar os XXIX Premios aos mellores edificios construídos en 2024. O rexedor explicou que a rehabilitación do Pazo da Raposeira resultou premiada na categoría de mellores obras non residenciais 2024.
“É unha rehabilitación excepcional e un pazo maravilloso”, catalogou Caballero, expresando que quere “que toda a cidade o coñeza”, polo que “seguimos realizando visitas guiadas”. A duración da visita é de 40 minutos para grupos de 20 ou 25 persoas. Os visitantes coñecerán o contexto histórico-artístico do Pazo de Raposeira, a evolución da propiedade, a edificación e as novas reformas, así como un paseo polos xardíns.
A inscrición é gratuíta, chamando ao 010. Os horarios horarios de marzo e abril son os seguintes:
- Martes:
- Mañás: 2 turnos (11:00 e 12:00)
- Tardes: 2 turnos (17:00 e 18:00)
- Venres e sábados:
- Tardes: 2 turnos (17:00 e 18:00)
- Domingos:
- Mañas: 2 turnos (11:00 e 12:00)
- Tardes: 2 turnos (17:00 e 18:00)