Escoitar

O Concello concedeu axudas de emerxencia por valor de máis de 1,1 millón de euros

A comisión de valoración de axudas de emerxencia vén de aprobar unha nova resolución que inclúe 12 axudas de bonotaxi e 67 axudas para vivenda, alimentación e outros gastos.

luns, 7 out 2024
Imaxe de arquivo das ramplas da Gran Vía
Imaxe de arquivo das ramplas da Gran Vía

O alcalde informou este luns da aprobación de novas axudas de emerxencia: 12 para o bono taxi por importe de 3.800 euros e 67 axudas por un importe de case 21.000 euros para vivenda co fin de evitar desafiuzamentos (un total de 36) e para alimentación (22), tamén para outros fins como próteses e ópticas, mobiliario ou farmacia.

Tal e como apuntou o rexedor, desde o mes de xaneiro o goberno municipal ten entregadas xa 3.383 axudas por un importe total de 1.142.363 euros “seguimos aplicando política social na cidade de Vigo”.

Descargar todas as imaxes