Escoitar

O goberno municipal inicia a demolición dun muro no Parque Nelson Mandela de Navia

O alcalde avanzou este xoves que a previsión é comezar os traballos este venres ou o vindeiro luns para poder abrir cando antes o parque infantil, pechado nestes momentos para garantir a seguridade dos usuarios.

xoves, 11 xul 2024
O alcalde, os tenentes de alcalde María Xosé Caride e Javier Pardo, e a concelleira de Medio Ambiente, Nuria Rodríguez, durante unha visita ao parque Nelson Mandela
O alcalde, os tenentes de alcalde María Xosé Caride e Javier Pardo, e a concelleira de Medio Ambiente, Nuria Rodríguez, durante unha visita ao parque Nelson Mandela

O Concello iniciará “de forma inmediata” os traballos de demolición dun muro situado detrás do parque Nelson Mandela, en Navia, que se atopa en mal estado e no que xa se executaron actuacións previas que non deron resultados á hora de asegurar as terras. Por este motivo, o goberno local demolerá o muro nunha actuación “considerable” que conta cun orzamento de 42.200 euros e unha prazo previsto de execución de dúas semanas.

“Volveremos abrir o parque de Navia, moi solicitado polas familias polo que faremos a obra á maior velocidade posible”, apuntou o rexedor.

Axudas de emerxencia

O alcalde informou tamén da aprobación, na última comisión de valoración celebrada esta semana, de 62 axudas de emerxencia, por un importe de case 20.000 euros: 23 delas para alugueiro, “o que significa que estamos evitando desafiuzamentos”, 13 para alimentación e as restantes para luz e outras necesidades.

“As axudas teñen un nivel moi importante”, recalcou Caballero, sumando 4.713 no ano 2023 cun importe que supera o millón e cuarto de euros e sendo compatible co Ingreso Mínimo Vital. “Están destinadas a persoas “que o precisan moito”.

Descargar todas as imaxes