Escoitar

O Concello colabora coa integración en Vigo de doce refuxiados gazatíes

O Concello colabora na integración dos doce cidadáns de Gaza que se refuxian en Vigo tras fuxir da guerra. Así o explicou o alcalde durante a reunión desenvolvida hoxe cos delegados territoriais en Galicia e en Vigo de ACCEM, Daniel Bóveda, e Ariadna Navarro.

xoves, 2 mai 2024

O alcalde e a concelleira de Política Social abordaron hoxe cos responsables de ACCEM en Galicia e en Vigo a situación dos doce refuxiados gazatíes que se trasladaron a vivir a Vigo fuxindo da guerra.

Ao constatar o resultado da correcta colaboración entre o Concello e a ONG, Abel Caballero remarcou que "os servizos sociais do Concello permanecen atentos á chegada dos refuxiados", e que as doce persoas recibirán vivenda, así como inmersión lingüística, formación para a integración, e apoio na tramitación administrativa que precisen.

O rexedor adiantou que o Goberno de España financia o cen por cen das necesidades dos refuxiados gazatíes, e que a administración local coopera para facilitar a integración, a procura de vivenda e de contactos para contar co maior acompañamento posible no ámbito da súa cultura.

Caballero indicou que os doce cidadáns gazatiés contan con nacionalidade española, e que por razóns da guerra refuxiánse agora en Vigo.

Descargar todas as imaxes