Escoitar

VigoCultura festexa o Día Mundial do Circo con tres representacións no Auditorio Municipal

O Concello de Vigo, a través de VigoCultura, desprega esta fin de semana unha programación especial, con tres representacións no Auditorio Municipal, con motivo da celebración do Día Mundial do Circo.

xoves, 18 abr 2024

A partir de mañá pola tarde, o Auditorio Municipal de Vigo acolle as tres representacións programadas dentro de VigoCultura para sumarse á conmemoración do Día Mundial do Circo.

A programación arrinca este venres coa estrea mundial da obra “Neura” pola compañía viguesa “Deste xeito Produccións”. O sábado, ás 20.00 horas, a compañía “Kolektivo Kónika”, formada por seis mulleres acróbatas, poñerá en escena “A punta do meu nariz”. As representacións finalizan o domingo 21 coa interpretación de “Cirqueiras” de Artefeito. Conta con números de danza, música e humor protagonizado por destacadas artistas galegas.

As persoas interesadas en asistir a unha das funcións poderán comprar as entradas na web wwww.giglon.com, así como na librería Libros para Soñar e na taquilla do Auditorio Municipal.

Descargar todas as imaxes