Escoitar

O alcalde reúnese co alumnado Erasmus de Avignon do intercambio co Colexio Losada

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Educación, Olga Alonso, recibiron hoxe no Concello aos 10 estudantes franceses de Avignon que participan no Programa Erasmus de intercambio cultural, artístico e histórico co Colexio Losada. O alumnado deste centro docente de Vigo, que tamén participaron no encontro co alcalde, xa realizaron o intercambio. Os mozos, tras reunirse co alcalde, visitaron o xacemento e as galerías do Castro.

luns, 15 abr 2024
Descargar todas as imaxes