Escoitar

O goberno local presenta aos fondos europeos o proxecto “Alcabre verde”

O proxecto humanizará a Avenida de Europa para transformala nun corredor verde, a renaturalización da fronte litoral de Alcabre, a humanización da cuberta da VG-20 entre a avenida Atlántida e Navia e a conectividade ecolóxica de Alcabre co parque Nelson Mandela. O Concello solicita 4 millóns de euros para esta acción. Tamén solicita aos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia 700.000 euros para a humanización da rúa Romil e a creación dun corredor escolar na zona.

xoves, 22 dec 2022

O Concello solicitará 4.700.000 euros dos fondos Next Generatión EU do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España para o proxecto “Alcabre verde” e a humanización da rúa Romil.

Para o primeiro deles, o goberno local solicita 4 millóns de euros co obxectivo de mitigar os efectos paisaxísticos e ambientais derivados da expansión urbana e a mellora da conectividade ecolóxica e social entre Alcabre e Navia. Abel Caballero explicou que as actuacións inclúen converter a Avenida de Europa nun corredor ecolóxico, “con beirarrúas, senda ciclista, arborado, naturalización da zona e sistema de drenaxe sostible.

Outra as actuacións enmarcadas no proxecto e a naturalización do fronte litoral de Alcabre, tamén coa mellora da accesibilidade e conectividade. Tamén haberá humanización da zona da cuberta da VG-20 entre a rotonda da avenida Atlántida e o cruce coa avenida de Europa, onde haberá pantallas vexetais, mellora das zonas verdes, mellora da accesibilidade e a conectividade peonil. Entre as actuacións tamén conectividade ecolóxica entre Alcabre e o parque Nelson Mandela, con novos árbores e arbustos.

Humanización rúa Romil

O goberno local tamén solicitou 700.000 euros á convocatoria do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España para o financiamento da humanización da rúa Romil que terá un corredor escolar para a promoción da vida saudable.

O alcalde explicou en rolda de prensa que “hai unha mellora notable do espazo urbano, que permite mellorar a mobilidade peonil e polo tanto a redución de ruídos e a mellora da calidade do aire”.

Unha das accións a destacar e o corredor escolar e peonil, xa que na zona hai dependencias públicas como o colexio e o pavillón.

Obras de saneamento

A Xunta de Goberno Local tamén aprobou esta mañá a redacción do proxecto para as obras de “mellora na rede de abastecemento e saneamento da parroquia de Teis. Como explicou o rexedor, a rede de abastecemento en diversas rúas da parroquia presentan conducións que xa superaron a súa vida útil, ocasionando problemas en forma de roturas das propias tubaxes, xerando así interrupcións do servizo e perdas de auga.

Estes problemas detectáronse en rúas como: Calexón Campana; rúa Toural de Adentro; Camiño Trobos; rúa Oliveira; camiño Gondosende; Baixada a Ríos; Travesía Chané e Travesía Guixar, aínda que Abel Caballero explicou que "non descartamos actuar en algunha máis".

Descargar todas as imaxes