Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 09 de outubro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Caballero anima a participar na VII Carreira contra o cancro o domingo 20 de outubro

O próximo domingo 20 de outubro Coia volverá a acoller a xa tradicional Carreira contra o cancro, que este ano alcanza a súa sétima edición. Na presentación, o rexedor animou á participación ademais de felicitar aos promotores dun evento deportivo e solidario moi consolidado na cidade.




Abel Caballero eloxiou esta mañá aos promotores da VII Carreira contra o cancro que xa é unha cita consolidada dentro do calendario deportivo da cidade. O próximo 20 de outubro toda a cidadanía está invitada a participar en Coia nun evento solidario que destina os seus fondos a financiar o proxecto OCTOPUS, contra o cancro do pulmón, e a realizar actividades cos nenos oncolóxicos do hospital Álvaro Cunqueiro.

Un ano máis, estableceranse dúas modalidades de carreira, unha de 5 km, non competitiva e que se pode facer camiñando, e outra, de 10 km (cronometrada e con premios), incluída no programa municipal de carreiras populares RUN RUN VIGO.

As inscricións poden formalizarse online en www.vigocontraelcancer.es ou de xeito presencial na planta de deportes de El Corte Inglés. A data tope é o 17 de outubro, sempre que non se chegue antes a 5.000 inscritos (número de participantes máximo).
Mais noticias
O alcalde anima a afrontar o Brexit buscando aliados económicos no Reino Unido
O Concello organiza "Co-educa", dúas xornadas sobre a prevención da violencia de xénero
A Policía Local inicia actividades de educación viaria para o alumnado vigués de Primaria
O goberno local coopera cun proxecto solidario para combater a anemia infantil en Perú
Xunta de Goberno Local


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003