Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 15 de febreiro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Vigo liderará con Vodafone o proxecto piloto para implantar a tecnoloxía 5G

Abel Caballero avanzou este venres que o Concello de Vigo e Vodafone presentarán de forma conxunta ante o Ministerio de Economía o seu proxecto para a implantación de tecnoloxía 5G na cidade. "A experiencia coloca a Vigo no punto de mira e atención de toda Europa, no lugar dominante das novas tecnoloxías", apuntou o alcalde.




Vehículo autónomo, servizos de emerxencias, eficiencia enerxética, desenrolo de drons, asistencia a voluntarios ou Industria 4.0. Estes son algúns dos campos nos que o Concello de Vigo pretende implantar a tecnoloxía 5G da man da compañía Vodafone.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este venres que o goberno local presentará ante o proxecto piloto de tecnoloxía 5G ao programa convocado por Red.es, do Ministerio de Economía, co obxectivo de obter axudas e estar durante dous anos e medio nesta experiencia.

"É un proxecto da maior importancia, coloca a Vigo no punto de mira e atención de toda Europa, no lugar dominante das novas tecnoloxías", sinalou o rexedor despois de manter unha xuntanza co director xeral de Administracións Públicas de Vodafone España, Carlos Becker; o director territorial, Juan Manuel Navarro, e o Account Director en Galicia, Jesús Sueiro.

Segundo destacou Caballero, o proxecto liderado por Vodafone e o Concello de Vigo servirá para implantar o 5G en campos de máxima importancia como a automoción e o coche autónomo con control remoto nas rúas de Vigo. Da mesma forma, poderá aplicarse en ambulancias, eficiencia enerxética, pagos a bancos, drons para o estudo de aglomeración de persoas en eventos, visitas 5G ás Illas Cíes, visión artificial ou Industria 4.0.

"Esta experiencia piloto é probablemente o programa de utilización industrial, servizos, investigación, sanidade, social... máis importante que se fixo en España e probablemente de Europa, porque abarca todos os ámbitos", sinalou o alcalde.

Ademais do Concello e Vodafone, no proxecto tamén participan PSA Peugeot-Citroen, o CTAG, Gradiant, Cruz Roja e a firma Kaleido. "O presentaremos ao Ministerio de Economía e confíamos en obter axuda e estar durante dous anos e medio nesta experiencia para que unha vez máis esta cidade estea á cabeza da tecnoloxía", destacou.
Mais noticias
O Concello pon en funcionamento o primeiro punto limpo móbil da cidade
O alcalde valora que Vigo se sitúe "na órbita da mobilidade sen contaminación"
O goberno local inicia a última fase da humanización de Venezuela, onde inviste 5 millóns
O Concello divulga entre os escolares o Vigo de Verne cunha representación teatralizada


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003